II Rallye Eurocidade cancelado

Tras una muy buena aceptación del primer Rallye Eurocidade Tui - Valença, como todos sabeis la FGA persiguio a todos los participantes imponiendo fuertes multas y sanciones disciplinarias.

subaru sti

Cuando los participantes todavia estan en contacto con el Tribunal Nacional de Apelación y Disciplinas los organizadores de la prueba nos hacian llegar este comunicado hace unos dias:

Hoxe, Venres 6 de Marzo, coincidindo ca data límite

para presentar o regulamento particular da proba ante a FGA (Federación Galega de Automobilismo), comunicamos que debido ó incumprimento dos compromisos adquiridos, mentiras prolongadas no tempo, actitude esquiva e silencio por parte do

Sr Alcalde do Concello de Tui, a Escudería Dona Urraca vese obrigada a suspender a celebración do II Rally Eurocidade Tui-Valença.

Queremos pedir desculpas a todos aqueles deportistas que tiñan incluída á nosa proba no seu calendario deportivo para esta tempada 2015, a todos os patrocinadores, colaboradores e voluntarios que nos axudaron a arrancar este proxecto e que de forma unánime estaban dispostos a continuar colaborando connosco.

Queremos e debemos agradecer de forma moi dist

inguida o apoio e trato recibidos pola F.G.A. que respaldou e defendeu a proba en todo momento e á Cámara Municipal de Valença do Minho, en especial, a D. José Temporao Monte e a D. Jorge Salgueiro Mendes, que apostaron de forma decidida polo Rally Eurocidade Tui-Valença, para que esta fose unha proba referente dentro do noso deporte.
A Escudería Dona Urraca intentará retomar o proxecto unha vez formado o novo goberno Municipal de Tui, posto que, son moitas as voces dos veciños e comerciantes Tudenses que nos reclaman a continuidade do Rally Eurocidade, feito que nos leva a reforzar a nosa convicción de que o Rally Eurocidade é un ben dinamizador e de interese público, social e comercial para o Concello de Tui, e para toda a Eurocidade.

 

Una lástima que siempre se mueva todo por dinero.....

Share and Enjoy !

Shares

Ultima actualización por en .